Zigzag diario
Musel, Familia Caamagno e Eltoh John
A banda galega Musel acaba de presentar o seu disco debut “Rabuña”, un novo traballo do que hoxe falará o seu cantante e guitarrista Óscar Vilariño no programa “ZigZag Diario”, nunha entrevista en que tamén se abordarán os inicios e andainas desta banda, que se define como “canción galega”.
As notas musicais seguirán este mércores cunha reportaxe co grupo Familia Caamagno. Os membros desta banda, que ten unha imaxe que mestura garaxe dos 60, rock and roll e letras brutais, falarán co programa da súa ultima estrea, “Para unha vez que saímos”, un traballo que se presentará en concerto este venres na Sala Capitol de Santiago. E falar de música no “ZigZag Diario” é falar dos “Fondos Reservados” de Moncho Lemos. O especialista en cine e música da TVG falará hoxe do novo disco do clásico Eltoh John.