CRTVG

Buscar

Zigzag diario

"Mulleres en acción: violencia cero", Miguel Cernadas de Terbutalina, Leo i Arremecagona e Creams of Dolly Sheep

25/11/2015 21:00 h

A Deputación de Pontevedra leva a dez concellos unha ‘performance’ titulada “Mulleres en acción: violencia cero”, unha iniciativa que se engloba dentro dos actos do 25-N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. O “ZigZag Diario” enviará as súas cámaras a esas actuacións que se farán en diferentes prazas da provincia. 
No estudio de gravación contarase coa presenza de Miguel Cernadas, músico do grupo galego de grande éxito Terbutalina. Cernadas acode ao programa para presentar o novo disco da agrupación e contar os proxectos que teñen entre mans tras o lanzamento de devandito traballo. 
E no programa non sairán das estreas da música galega, xa que tamén se achegarán ao grupo Leo i Arremecagona para falar do seu sinxelo “Rural Love”, presente no seu “Arremecaghona ostia”. Os vigueses Dreams of Dolly Sheep tamén serán protagonistas, xa que teñen novo disco á venda: “Amok, Cariño y Saliva”. 
Para rematar, Moncho Lemos falará do álbum “1” dos Beatles, onde están recollidos todos os números un da grande banda británica. 

Atopar capítulo por: