CRTVG

Buscar

Documental

Mulleres da raia

30/06/2021

Unha viaxe ás fronteiras do norte de Portugal e Galiza transpórtanos ao noso pasado máis recente, o contrabando local e a emigración clandestina eran prácticas habituais nestas terras, aproveitando a proximidade do país veciño. A raia, como popularmente é coñecida a fronteira, garda unha historia de loita diaria pola supervivencia e as súas mulleres son as protagonistas.

O documental recolle as testemuñas destas mulleres valentes, ousadas, cunha gran capacidade de sacrificio, que en tempos difíciles trangediron as leis aduaneiras para loitar pola súa subsistencia e a da súa familia, xa que moitos dos seus homes viranse obrigados a emigrar. Mulleres fortes que se dedicaron ao transporte de mercadurías de contrabando (bananas, gando, café...) mesmo persoas, dun lado a outro da fronteira. Traballaban de noite, por lugares pouco transitados non exentos de perigos.

Atopar capítulo por: