CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Mulleres con iniciativa

02/06/2013

Coñecemos mulleres con iniciativa, que nun momento determinado decidiron botarse para adiante e crear as súas propias empresas. Así, en Malpica, o programa atopamos as redeiras de “O Feital” traballando nunha inmensa rede para Francia e presumindo de que xa non teñen que depender dos intermediarios.

 En Palas de Rei, estamos con Chusa, Carmela e Anxos, que cultivan plantas medicinais; e en Carballeda de Avia con tres pioneiras: Genma, Mª Luísa e Edurne. As tres montaron unha das poucas empresas de España que serve comidas a domicilio a maiores dependentes. Pero non todo é traballo. As mulleres de Negueira de Muñiz organizan unha vez ao ano a súa festa, a Festa das Mulleres Rurais, que é todo un acontecemento na comarca.

 Por último, paramos en Burela, onde están mellores futbolistas de España: as rapazas do Burela Fútbol Sala, que acaban de gañar a Liga e a Copa. Todo un exemplo de superación que é acollido por todo o pobo, como demostra o feito de que os espectadores se contan por centos cada vez que xoga o seu equipo, mentres que no resto de España apenas chegan a unha ducia.

Atopar capítulo por: