CRTVG

Buscar

Zigzag-Eirado

Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, carteleira, videos musicais e Radio Cos

26/06/2016 00:45 h

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) reforza este ano o seu programa con máis presenza internacional. O director artístico da MIT, Roberto Pascual, estará esta noite no estudio de gravación do “ZigZag-Eirado” para explicarlles aos espectadores da tvG2 a oferta que ofrecerá o evento nesta edición.
Como é habitual, o espazo cultural da tvG2 fará tamén varias recomendacións de carteleira. Por unha parte, falará sobre unha interesante peza documental, “Pelerinaxes”.
O programa tamén se referirá á cinta venezolana “Desde allá”, dirixida por Lorenzo Vigas, que leva recollido premios en festivais tan prestixiosos como o de Venecia, o de San Sebastián, o da Habana ou o Festival Internacional de Panamá, e á última película de Roberto Darín, “Capitán Kóblic”.
No apartado musical, “ZigZag-Eirado” farase eco da estrea de tres vídeos musicais: os de Skándalo, Birlibirloque e Berlai. Ademais, Moncho Lemos falará de Radio Cos, formación que integran os cantantes e percusionistas Xurxo Fernández e Quique Peón, que fan evolucionar a música galega de xeito natural. 

Atopar capítulo por: