CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, Teatro do Noroeste e “Nacidas libres”

23/06/2017 21:00 h

A protagonista na edición de hoxe de “ZigZag Diario” será a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, cunha entrevista no estudio de gravación coa súa directora, María Armesto. Fundada en 1984, é hoxe unha das máis importantes manifestacións galegas, estatais e internacionais de espectáculos que teñen o humor por bandeira.
Por outro lado, o espazo da tvG2 visitará a exposición coa que Teatro do Noroeste celebra os seus 30 anos de traxectoria nos escenarios. A mostra, que amosa fotos das súas montaxes, libretos, carteis, vestiario e atrezzo, leva os afeccionados ás artes escénicas a lembrar algúns dos grandes proxectos emprendidos por Luma Gómez e Eduardo Alonso.
Finalmente, “ZigZag Diario” entrará nos ensaios de “Nacidas libres”, unha coprodución entre a Mostra de Cangas e a compañía Contraproducións, dirixida por Cándido Pazó

Atopar capítulo por: