Zigzag diario
Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas e Festival ALT'16 de Vigo
17/06/2016 21:00 h
O programa da Televisión de Galicia “ZigZag Diario” entrevista hoxe a María Armesto, directora artística da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. A mostra enche a vila de Cangas de representacións teatrais durante os primeiros nove días de xullo. Nesta edición, as xornadas “Mulleres en Acción” están centradas no “Segundo sexo na cultura”.
Ademais, o espazo cultural da Televisión de Galicia terá presente o Festival ALT'16 de Vigo, que se desenvolveu o pasado mes de marzo no Auditorio Municipal do Concello, a Casa das Artes e o salón de actos do museo Marco.
Por outra parte, o “ZigZag Diario” despedirá o irrepetible Oleg Karavajchuk, artista ruso falecido esta semana, co que colaborou o bailarín galego Javier Martín.