CRTVG

Buscar

Momentos G

Mortal, devastadora, neurodexenerativa..., é unha enfermidade rara

08/12/2019 13:09 h

Coñecémola como a enfermidade de Creutzfeldt-Jakob. É unha enfermidade rara, neurodexenerativa, mortal e devastadora para os que a padecen e para os do seu arredor. Aféctalles o cerebro e o sistema nervioso e o seu prognóstico é terrible, actualmente a esperanza de vida está nos seis meses desde que se detecta... Imos falar das enfermidades esponxiformes transmisibles, coñecidas tamén como enfermidades priónicas, que non teñen actualmente nin terapia nin cura.

Unhas das súas formas máis comúns é a enfermidade de Creutzfeldt-Jakob, á que hoxe nos queremos achegar desde esta Revista. Facémolo con Jesús Requena, director do grupo de investigación de enfermidades priónicas da USC, e Susana Oeo, unha das fundadoras da Asociación Española de Creutzfeldt-Jakob.

Atopar capítulo por: