Documental
Morreu o demo, acabouse a peseta
O documental recupera a vida nómade dos Silvén, que en inverno deixaban a barraca e percorrían tabernas e salas de baile cun proxector de cine que para moitos nenos do campo supuxo o seu primeiro contacto coa gran pantalla, e que transcorreu en décadas de autoritarismo.
O documental, revisa a figura do monicreque desobediente a través do personaxe "Barriga Verde", o fantoche creado pola familia Silvent nos anos trinta, co que a familia Silvén percorreu toda Galicia na primeira metade do seculo vinte. Igualmente a do seu parente máis próximo, o Pulcinella napolitano, -probablemente a marioneta europea máis antiga-, "Morreu ou demo, acabouse a peseta", con esta frase despedíase do seu público o díscolo boneco despois de fulminar o demo dunha estacada.-