Estache bo!
Moegas con ameixas e patacas en dúas coccións
06/10/2023 13:00 h
Moegas con ameixas e patacas en dúas coccións é o prato que o noso gran chef, Iván Mariñas, nos vai preparar hoxe. En cada programa veremos novos consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade para todos nós. Ademais, contamos coa presenza de Velusa Carvalho, a veciña do noso cociñeiro, que nos vai a ensinar unha nova receita de aproveitamento.