CRTVG

Buscar

Momentos G

`Mirar de novo. A muller contra o tempo´, unha mostra que recompila obras de recoñecidas artistas en diferentes formatos

06/09/2021 10:39 h

O Centro Abanca Obra Social de Compostela acolle 'Mirar de novo. A muller contra o tempo', unha mostra que recompila obras de formatos e disciplinas variadas, creadas por prestixiosas artistas, galegas e internacionais, de diferentes épocas. 
A mostra divídese en dúas plantas e catro temáticas: a natureza, a abstracción, o retrato e a tradición.
Pintura, escultura, instalacións, pezas de artesanía... son exemplos do traballo de mulleres creativas, que abriron novas e interesantes vías para explorar as técnicas artísticas máis rompedoras. A súa evolución ofrece unha clase maxistral do panorama artístico dende o século XIX a actualidade, dentro e fóra de Galicia. 


- `Mirar de novo. A muller contra o tempo´. Unha mostra con obras creadas por mulleres artistas

- A mostra inclúe unha liña do tempo que sitúa cronolóxicamente a evolución dos movementos, tendencias e estilos artísticos dende o ano 1900 ata a actualidade.

- A mostra divídese en dúas plantas e catro temáticas: a natureza, a abstracción, o retrato e a tradición

- Poden ver 32 obras de 29 artistas moi destacadas, pertencentes a diferentes épocas, técnicas e estilos

- Hai pezas de artistas coma Maruja Mallo, Julia Minguillón, Menchu Lamas, Berta Cáccamo, Elena Colmeiro, Maria Blanchard, Pamen Pereira, Helena Almeida, Carmen Calvo, María Xosé Díaz, Susana Solano, Soledad Sevilla, Tatiana Medal, Antía Moure, Mónica Alonso, Shirin Neshat, Fiona Rae, entre outras, o que permite consolidar a vocación cosmopolita desde o local.

- A mostra estará ata xaneiro de 2022 no Centro Abanca Obra Social, na compostelana Praza de Cervantes

Atopar capítulo por: