CRTVG

Buscar

Sen barreiras

'Mírame cuando te hablo', GES, Naranja Imaginario e Manuel Besteiro

13/06/2017 11:45 h

“Sen Barreiras” visita na Estrada o set de rodaxe da primeira webserie en lingua de signos española. “Mírame cuando te hablo” desenvolve situacións cotiás entre compañeiros e compañeiras de piso, con romanticismo, malentendidos, enfados e tensión. Este proxecto innovador responde á demanda de contidos de entretemento por parte das persoas xordas. 

Tamén entra nas instalacións de Galega de Economía Social (GES), unha sociedade á que pertencen 10 empresas que traballan a prol da integración das persoas con discapacidade.

O programa convídanos a escoitar a Naranja Imaginario, un grupo de música electrónica experimental. Trátase dun proxecto artístico, transformador e pedagóxico realizado por persoas con discapacidade intelectual e centrado na música electrónica, as novas tecnoloxías e a participación.

"Sen barreiras" preséntanos a Manuel Besteiro, un rapaz moi responsable que nos conta como comezou a traballar na ITV de Monforte.

 

Atopar capítulo por: