CRTVG

Buscar

Documental

Metílico, a bebida da morte

17/11/2020 23:00 h

O documental é unha homenaxe ás vítimas dunha traxedia de que tratou de ocultarse por motivos económicos e políticos hai medio século. A orixe, unha adega galega que comercializou para consumo humano alcohol metílico destinado a combustible de avións.

Emilio Rodríguez espertouse unha mañá de 1963 na súa aldea da Pena (Ourense), asomouse á ventá para ver os seus viñedos e todo estaba nevado. Era pleno mes de agosto. Foise ao baño, mirouse ao espello e alí tamén nevaba. Minutos despois perdía a vista para toda a vida. A noite anterior tomara unha copa de licor café de garrafa que proviña das adegas de Rogelio Aguiar. Unha sucesión de estrañas mortes e cegueiras sufridas por mariñeiros de Canarias e campesiños de Galicia destapa a trama do maior suceso de intoxicacións masivas ocorrido en España: o "Caso do Metílico". 

Atopar capítulo por: