Zigzag diario
Mercedes Hernández, Sophie Auster, a cámara semianecoica e Esposa
Este mércores o “ZigZag Diario” rende homenaxe ás voces femininas, como a de Mercedes Hernández, soprano compostelá que leva dedicándose a música dende moi nova. É fundadora de Resonet, un grupo de música co que gravou varios discos de diferentes estilos, como o barroco francés ou o renacentista europeo.
Pola súa banda, na súa sección musical, o xornalista Moncho Lemos falará dunha potente voz americana, a de Sophie Auster, que presenta en concerto este venres en Santiago o seu novo disco “Next Time”. Neste traballo rememora a grupos femininos dos anos 60 e 70. Ademais, no programa falarase da cámara semianecoica, un espazo deseñado e recuberto para absorver as ondas sonoras e electromagnéticas, que se encontra na Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, onde se realizarán sesións musicais dentro do marco do festival Sinsal Son Estrella Galicia. Contarán con The Partisan Seed, proxecto persoal do cantautor portugués Filipe Miranda. Por último, o programa ocuparase do disco “Xardín Interior”, de Esposa, que se presenta na Reixa Tenda da capital galega, onde a o grupo realizará un concerto en acústico.