CRTVG

Buscar

Zigzag diario

“Memoria por habitar” de Lara Pintos, “Rexistros domésticos” de Marisa González e “Contravento e marea”,

03/05/2016 21:00 h

A galería coruñesa Monty4 acolle ata o próximo 20 de maio unha exposición da pintora Lara Pintos baixo o nome de “Memoria por habitar”, unha mostra que representa o espazo habitado e a identidade que o habita.
Por outro lado, unha das reportaxes que propón para hoxe o espazo da tvG2 falará sobre a exposición “Rexistros domésticos”, de Marisa González, que se pode visitar no CGAC. 
O equipo de “ZigZag Diario” tamén estará na mostra “Contravento e marea”, que reúne en Ourense a obra de catro escultores: Siverio Rivas, Xurxo Oro Claro, Manuel Patinha e Paco Pestana. 

Atopar capítulo por: