CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Melona Festival, Sensacional, “Miedo” e Nacha Pop

05/04/2017 21:00 h

Este mércores o “ZigZag Diario” falará do Melona Festival, un evento musical con concertos e sesións de Dj onde participarán grupos como os galegos de Esposa, os asturianos Skygace ou os granadinos Touluse. Todos eles soarán hoxe durante a emisión do cultural da tvG2, que recibe a Coque Dosil, programador do evento, a quen entrevistará a presentadora Pilar G. Rego.
Pola súa banda, Moncho Lemos estará no espazo da tvG2 falando da volta de Nacha Pop, que presentan o primeiro e único disco publicado dende a morte de Antonio Vega en 2009, chamado “Efecto inmediato”. Ademais, haberá unha reportaxe sobre o grupo coruñés Sensacional, que combina indie, rock, pop e power pop, e que presenta o venres nun directo na sala Mardi Gras de A Coruña o seu segundo disco, “Desde el limbo”. Por último, o programa estrea “Miedo” o último videoclip de Mecanismo Ruso, un grupo de musica pop.

Atopar capítulo por: