Zigzag diario
Melania Cruz e Catarina Alves
15/06/2017 21:00 h
O programa “ZigZag Diario” contará hoxe coa presenza no estudio de gravación da actriz Melania Cruz, que encarna a Rosalía de Castro na miniserie “Contou Rosalía”, en fase de rodaxe e participada pola TVG. Esta produción, que completa os filmes dedicados a mulleres célebres galegas, é a primeira ficción sobre a vida da escritora.
O espazo da tvG2 tamén falará coa antropóloga visual, realizadora e profesora da Universidade Nova de Lisboa Catarina Alves, que acaba de participar na Mostra de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego, que contou con 16 películas na sección concurso e que busca dar a coñecer traballos audiovisuais recentes no campo da etnografía e da antropoloxía visual.