CRTVG

Buscar

Land Rober Tunai Show

Con Maxi Iglesias

28/12/2016 22:00 h

“Land Rober Tunai Show” ten no escenario o actor Maxi Iglesias coa única intención de pintar a mona. Despois de arrasar coa súa visita ao principio da temporada, o espazo presentado por Roberto Vilar recibe o actor, que chega con máis gana de troula ca nunca. Maxi non só participa nos sketchs do programa, senón que tamén cea cunha afortunada seguidora do “Land Rober Tunai Show”.

O programa ofrece tamén unha edición especial de “Radio Rober”, sen deixar de estar pendentes das mocas que os colaboradores do programa Xosé A. Touriñán e Eva Iglesias lle regalan ao actor.

Atopar capítulo por: