Zigzag diario
Mariano Casas no Haypad / Residencia de artistas no MAC / Sue Rainbow expón en Cataluña
O programa “ZigZag Diario” conversará esta tarde co artista Mariano Casas sobre a súa exposición “Hay Pad”, que se pode visitar no Espazo de Arte Campus Stellae de Santiago. Trátase dunha colección de debuxos realizados en iPad mediante idraw e caracterizados polas súas cores luminosas e trazos precisos, que os converte nunha experiencia gozosa e apetecible.
Por outro lado, o espazo da segunda canle da Galega interesarase polas residencias para o desenvolvemento de proxectos de investigación artística que ofrece o Mac, o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa da Coruña.
Ademais, “ZigZag Diario” falará coa fotógrafa Sue Rainbow da súa participación na exposición colectiva “Art en feminí”, que se organiza en L’Hospitallet de Llobregat con motivo do Día Internacional da Muller; e entrará no obradoiro do creador multidisciplinar Paco Pestana, que leva máis de 30 anos traballando todas as disciplinas artísticas, desde a escultura e o debuxo ata a poesía e a performance.