CRTVG

Buscar

Zigzag diario

María Xosé Queizán, Xohana Torres, Roque Cameselle e Ciclo de Lied

25/09/2017 16:30 h

Na primeira edición desta nova temporada, o programa recibirá a visita da escritora María Xosé Queizán, que falará do seu novo libro, “Rosalía de Castro e o poder sexual”, en que reúne sete ensaios de temática rosaliana.
Ademais, “Zigzag” homenaxeará a escritora e académica Xohana Torres, recentemente falecida, unha das voces máis destacadas das letras galegas contemporáneas que medraron na posguerra; coñecerá o novo cómic en liña de Roque Cameselle e introducirase no Ciclo de Lied que se celebra en Santiago.

Atopar capítulo por: