Zigzag diario
María Váquez, “Querida Gina”, "Fíos fóra"
19/11/2015 21:00 h
A proposta para o programa de hoxe vén da man das mulleres do cinema e para iso contarase no estudio de gravación con María Vázquez, unha das actrices presentes na curtametraxe “A Liña Política”.
O equipo tamén foi falar con Susana Sotelo, directora da curtametraxe “Querida Gina”, unha produción en que dous homes octoxenarios queren cumprir o seu soño de ir a Roma a coñecer a Gina Lollobrigida.
Pero estes días, ademais de Santiago, Ourense tamén é a capital do cinema. O OUFF acolle o último traballo do proxecto cultural Fíos fóra, un documental que fala das mulleres costureiras dos anos 60 e que teceron elas soas unha industria máis que importante.