CRTVG

Buscar

Zigzag diario

María José Pérez, “Galadas” e Yoko Ono

09/03/2016 21:00 h

Zigzag entrevista a cantautora María José Pérez, que presenta o seu disco “Guerrilleira”, onde o fío argumental é a guerra, que narra a través de historias individuais, cada unha das cales se relata nun dos cortes do disco.
 

O programa amosa o vídeo de María Rodés, que visita Galicia, e un anaco da actuación de Mercedes Peón e Mónica de Nut no encontro “Galadas”, evento central da campaña “Territorio das mulleres”.

E outra estrea de remite galego: o vídeo musical do tema “Eclipse Total”, de Aries, adianto do seu disco “Adieu Or Die”, que verá a luz en abril. A autora de “Mermelada Dorada”, volve cun álbum coeditado co selo americano K Records e que o seu público poderá gozar o vindeiro sábado no local El Pueblo de Ourense.

Na sección “Fondos Reservados”, Moncho Lemos fala do último disco de Yoko Ono, “Yes, I'm a witch, too”.

 


 

Atopar capítulo por: