CRTVG

Buscar

Zigzag diario

María do Cebreiro, Aurora Marco e I Gala do Libro Galego

15/02/2016 21:00 h

A escritora María do Cebreiro acaba de presentar un novo libro titulado “O Deserto”, un poemario en que a autora, segundo a súa editorial, Apairio, “esculpe a pedra do poema como nunca antes e consegue citar o corazón do inverno”. A autora dáse cita hoxe no programa “Zigzag Diario” para falar máis polo miúdo deste novo traballo.  A literatura continuará cunha reportaxe sobre o libro “Elas”, de Aurora Marco, un libro en que se fai un compendio de biografías de mulleres galegas. 410 vidas ás que fai referencia, sobre todo na escrita, e outras moitas pioneiras no seu tempo en Galicia e en España. Dentro deste traballo, a autora inclúe cadros de artistas galegas representativas. 
A segunda reportaxe deste luns falará sobre os Premios da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o “Escritor/a Galego/a Universal 2016”, que se entregaron na I Gala do Libro Galego que tivo lugar esta fin de semana na cidade de Santiago de Compostela. 

Atopar capítulo por: