CRTVG

Buscar

Zigzag diario

María Costas, “Femenino Singular”, Matarile Teatro e The Soul Jacket

04/03/2016 21:00 h

A compañía Excéntricas presenta a obra “Os amores de Jacques o fatalista”. Unha dos membros do elenco deste traballo escénico é María Costas, a convidada do “ZigZag Diario” de hoxe. Con ela falarán desta posta en escena, da dirección de Quico Cadaval e da personaxe que ela interpreta.

Como cada venres, as escénicas ateigarán o programa. Unha das reportaxes preparadas para esta nova edición do “ZigZag Diario” é sobre “Femenino Singular”, unha montaxe teatral que ten previstas dúas representacións en Galicia a vindeira semana.

Seguidamente celebrarán o 30º aniversario de Matarile Teatro cunha reportaxe en que falarán do seu percorrido durante todo este tempo fomentando a creación teatral e a danza. Durante todo este tempo, esta compañía levou a cabo máis de 30 espectáculos e foi recoñecida a través de numerosos premios. 

O programa estrea 'The Fisherman & The Silver Key', o vídeo musical do grupo galego The Soul Jacket, con monicreques e atrezzo de Marcelino de Santiago “Kukas” e dirixido por José Aragunde. 

Atopar capítulo por: