Mareas vivas
Mareas vivas: A película
29/03/2015 23:55 h
Historias de amor, situacións cómicas e temas sociais inzan “Mareas Vivas”, unha serie ambientada en Portozás, unha vila imaxinaria da Costa da Morte. Esta ficción supuxo para moitos dos seus actores un trampolín cara á fama en Galicia e para outros, como é o caso paradigmático de Luís Tosar, o seu salto ao panorama nacional.
“Mareas Vivas. A película”, o especial que recupera a TVG nesta noite para a nostalxia, recolle algúns dos mellores momentos da cuarta temporada da serie. O secuestro de Iria Maroto, a filla de María Ares, o mesmo día da voda da súa nai con Andrés, o xuíz de Portozás, é o suceso sobre o que pivota a trama.