CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Marcos Viso, “Percorridos por unha teoría do desexo” e “A carreta do Diaño”, de Fernando Llorente

25/01/2016 21:00 h

  O luns no “ZigZag Diario” é sinónimo de libros e literatura. no estudio o ilustrador Marcos Viso. Este artista presenta un álbum ilustrado chamado “Vaite Xa!”, do que é autor e ilustrador. Hoxe no programa dará a coñecer algún dos contidos e tamén falará doutro álbum do que é coautor, xunto con María Canosa, e que se titula “Parar o mundo”.
Unha reportaxe sobre “Percorridos por unha teoría do desexo”, do cineasta Alberte Pagán, é outro dos contidos do programa de hoxe. Pagán define esta novela coma “un feixe de relatos que naceron como novela”. A estructura deste libro non é nin lineal, nin circular nin invertida. O autor propón os capítulos nunha orde concreta de capítulos, pero o lector pode ler cada un coma unha peza independente. 
Outra reportaxe para o programa de hoxe versa sobre “A carreta do Diaño”, de Fernando Llorente, que gañou o Premio Castelao 2015 de Banda Deseñada da Deputación da Coruña. Esta obra narra as aventuras duns monxes que andan na procura das portas do paraíso e atopan algo moito menos idílico. 

Atopar capítulo por: