CRTVG

Buscar

Documental

María Casares, a muller que vivíu mil vidas

28/11/2022 23:15 h

Cando en 1936, con trece anos, María Casares foxe con súa nai da Guerra Civil Epañola e cruza a fronteira dos Pireneos camiño do exilio, non imaxina que vai converterse nunha das actrices mais aclamadas do cine e do teatro francés nunha época en que Francia é a meca cultural do mundo.

María nace en 1922 na Coruña. A sua nai é Gloria Peréz, muller de condicion humilde, intelixente e guapa, filla dunha cigarreira, e o seu pai, o politico Santiago Casares Quiroga, señorito de familia rica e respectada que anos máis tarde asume o cargo do Presidente do Goberno da Segunda Republica Española e sofre a rebelión de Franco e as súas tropas.

A vocacion politica do seu pai e a súa posicion marcan sen dúbida a infancia de María, que crece nun ambiente de liberdade e independencia e se relaciona con personaxes como Ramón del Valle-Inclán, Federico Garcia Lorca, Rafael Alberti ou a mítica actriz Margarita Xirgu.

Atopar capítulo por: