Expedición Galicia
Manzaneda
19/04/2016 23:55 h
Os aventureiros do espazo da Televisión de Galicia terán que idear técnicas de pesca e pasarán a noite nun antigo curro de pastores derruído, demostrando as súas capacidades de supervivencia.
Os convidados de Carlos Caraglia, presentador do programa, tamén terán que amosar as súas habilidades de escalada, para enfrontarse ás paredes verticais coas que se atoparán no seu ascenso por Cabeza de Manzaneda.