CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Manuel Sánchez, "Barqueira e remador”, Pachu Torres, Rosa Úbeda e Yolanda Dorda.

31/10/2016 21:00 h

O entrevistado deste luns será o granadino, radicado en Vigo, Manuel Sánchez. A súa novela “Maelström, Maelström” é unha obra que narra o achado dun diario de Nemo, o lendario capitán do Nautilus, que abre a posibilidade de que este estea agochado en Vigo desde o afundimento do submarino.
Ademais, o programa cultural da tvG2 coñecerá a seis poetas que representan o galego, o castelán e varias linguas do leste de Europa e que desenvolveron na illa de San Simón, na ría de Vigo, o quinto encontro de tradución poética “Barqueira e remador”, Un obradoiro que serve de intercambio cultural que sitúa Galicia e a lingua galega no centro da comunidade poética internacional. O debuxante compostelán Pachu Torres verá como alomenos un dos seus traballos estará presente na cerimonia de entrega dos Premios da Crítica americanos.
Tamén serán protagonistas no programa de hoxe dúas pintoras, unha pontevedresa, Rosa Úbeda, e outra residente na Coruña, Yolanda Dorda. 

Atopar capítulo por: