CRTVG

Buscar

Zigzag-Eirado

Manuel Quintana Martelo / Biblioteca América da USC / Alberto Cunha / Pablo Nash e o seu Trío

04/01/2015 00:45 h

O experto en artes plásticas e premio da Cultura Galega 2012 Manuel Quintana Martelo será entrevistado por Tino Santiago tras o seu nomeamento como novo presidente da Real Academia de Belas Artes. A entrevista forma parte esencial do “ZigZag-Eirado” de hoxe, o programa cultural da TVG que se emite cada sábado. O pintor compostelán substitúe así a María de las Mercedes Goicoa, a primeira muller en España en ocupar un posto destas características. Quintana Martelo formou parte do grupo “Atlántica” e posúe unha ampla obra artística. Tamén realizou estudos de cine.

Noutro apartado do programa emitirase unha reportaxe sobre a Biblioteca América da Universidade de Santiago de Compostela. Instalada no pazo de San Xerome é única no xénero en especialidades temáticas americanas e foi froito da iniciativa do ilustrado emigrante galego Gumersindo Busto, quen verqueu enormes esforzos para a constitución desta xoia da USC, inaugurada en 1926.

Por último, “ZigZag-Eirado” contará con dúas actuacións musicais. Por unha parte, estará Alberto Cunha, gran imitador de grandes voces desde Elvis ata Camilo Sexto, pasando por unha case idéntica copia vocal de Joan Manuel Serrat. Por outra, estará Pablo Nash e o seu Trío que, con gran experiencia en salas e locais nocturnos, ofrecerán versións coñecidas de composicións dos anos 60 e 70, subliñadamente de “The Beatles”.

Atopar capítulo por: