Zigzag diario
Manuel María e os máis pequenos, "Anuncios. Historia do comercio ourensán a través da publicidade. 1863-1939" e a Feira do libro de Bos Aires
Comezamos con dúas historias sobre Manuel María e os máis pequenos. A primeira foi a presentación está mañá dunha serie de materiais didacticos sobre o poeta da Terra Cha. Os materiais están elaborados pola Real Academia e poderanse descargar de balde desde a páxina primaveradasletras.gal. Tamen esta fin de semana os versos de Manuel María foron o fío condutor de Canta o Cuco, un espectáculo de Uxía e Magín Blanco no que se combina música, literatura e teatro.
Desde Nova Escola Galega chaman a atención sobre a escasa presenza da poesía nas aulas. No último número recollen experiencias e reflexións de mestres e poetas que intentan que a poesía recupere o lugar que sempre tivo no ámbito escolar.
Entrevista a xornalista Maribel Outeriño que presenta o libro "Anuncios. Historia do comercio ourensán a través da publicidade. 1863-1939" . Todo un percorrido máis de sesenta anos que permite desde logo achegarnos á vida dos ourensans, as modas, as diversions...o que se vendía e mercaba.
A próxima semana comeza unha nova edición da feira do libro de Bos Aires, unha edición na que este ano Santiago é a cidade convidada. Haberá unha importante presenza galega na programación da feira.