CRTVG

Buscar

Zigzag-Eirado

Manuel María, “Cinema e Muller”, Soul Jacket, Pantis, Marcianos e Califa Swing Trío

13/03/2016 00:45 h

 Manuel María será o autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano. Co gallo desta celebración, o “ZigZag-Eirado” de hoxe trae como convidada a Margarita Ledo. A profesora e xornalista presenta curtametraxe en clave documental “Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra”, un filme do ano 2005 que se reedita agora en formato libro DVD a xeito de aproximación íntima á figura de Manuel María.
Para o apartado de cinema, o “ZigZag-Eirado” súmase á celebración do Día da Muller e hoxe presentará unha película colectiva que se titula “Cinema e Muller”. Esta peza conta coa suma de varias curtametraxes de temática feminina. Tamén en clave documental, falarán do filme “Janis”, unha peza dirixida por Amy Berg en que se conta a vida desta icona da contracultura dos anos 60. Outro dos títulos que se comentarán hoxe nesta sección é “El amor es más fuerte que las bombas”, un drama noruegués en que o fillo da fotógrafa de guerra Isabelle Reed volta á casa familiar tras ver unha exposición da súa nai. 
Pola súa parte, Marta Gómez traerá a música ao programa coa estrea do novo vídeo musical de Soul Jacket e a presentación dos novos discos dos grupos galegos Pantis e Marcianos. E Moncho Lemos  achegará outro toque musical a base de jazz. A súa sección de hoxe versará sobre Califa Swing Trío, formado por Juan Cabe, Iago Banet e Anton Bello, tres profesionais cunha ampla formación ás súas costas e que dominan multitude de estilos. 

Atopar capítulo por: