CRTVG

Buscar

Momentos G

Manuel Gago descóbrenos sorprendentes historias de pantasmas en Compostela

09/08/2021 10:21 h

Máis alá da coñecida Santa Compaña, Galicia atesoura unha morea de historias de pantasmas, contos populares que van de xeración en xeración. Algunhas están estreitamente vencelladas a lugares destacados do noso patrimonio histórico. Hoxe queremos descubrirlles algunhas ben curiosas que proveñen da tradición oral e que, para que non se perdan, foron recompiladas polo xornalista e escritor Manuel Gago.

Galicia é un país que ten moitas historias de defuntos, de desaparecidos, como as da Santa Compaña e as aparicións nocturnas. A maior parte delas están vinculadas ao rural. As que que son moito menos coñecidas son outras historias de pantasmas, as emparentadas co norte de Europa e que teñen que ver con mansións e antigos edificios nos que se aparecen figuras. 

Estamos en Santiago de Compostela, na que hoxe é a Facultade de Historia da Universidade de Santiago, nun dos espazos más senlleiros e máis fermosos: a biblioteca.  Estamos aquí porque este lugar alberga unha historia de pantasmas especialmente popular.

Durante os anos 70. Cóntábase que un neno, fillo do bedel desta facultade, perdeuse nos labirintos que están detrás da biblioteca e desapareceu. Non o deron atopado. Varias décadas despois unhas señoras da limpeza abriron un armario e atopárono alí morto. Entón, o que se dicía nos anos 70 entre os estudantes era que os nenos se aparecía nun dos balcóns pedindo que o sacaran de alí.
Esta é unha historia moi interesante porque nos anos 70 circulan moito os filmes de nenos e pantasmas: O exorcista, Damien, O resplandor... Dalgún xeito, vemos como se conecta o folclore co mundo dos medios de masas e co cine do momento.

Non todas as pantasmas de Santiago están nos edificios históricos, tamén as había en espazos abertos. Na praza da Quintana orixinariamente había un camposanto. Hai unha lenda cunha das figuras mitolóxicas máis enigmáticas da tradición oral galega: a raposiña de Morás. Era un monstro alado que levaba voando fóra de Santiago aos defuntos que aquí estaban soterrados. 

A nosa terceira historia de pantasmas tamén acontece na Praza da Quintana. É un exemplo de como moitas veces as lendas e a tradición oral se continúan a fabricar no presente. 

Nun dos pararraios da catedral acontece un fenómeno moi singular: cando se acende o farol proxecta unha sombra que semella un peregrino co seu caxato. Parece que é a únca pantasma no mundo que funciona con luz eléctrica. Conta a historia que é a do fillo dun nobre francés que cometeu un asasinato no Camiño e que por culpa dese pecado non pode entrar na Catedral. 
Esta historia está moi ligada ao Xacobeo e ao fenómeno do turismo e dos peregrinos que se achegan a Compostela. 

 

Atopar capítulo por: