Zigzag diario
Manuel Catoira, Xavier Cuíñas e Robert Capa
15/03/2016 21:00 h
A Galería Visol de Ourense acolle ata o 31 de marzo a exopisición “Dos biosbardos e outras ausencias”, unha mostra de óleos do pintor Manuel Catoira que, precisamente vén hoxe ao programa “Zigzag Diario” para adiantar máis sobre este percorrido que o artista fai pola súa obra nesta mostra.
A arte ateiga o programa de hoxe coa exposición "Cartografías" de Xavier Cuíñas. E como a fotografía tamén é unha arte, o programa falará da parella de artistas formada por Gerda Taro e Endre Friedmann. Ambos os dous fotógrafos de guerra, idearon o nome de Robert Capa como pseudónimo. Esta parella tivo un final moi tráxico, pois ela morreu ao caer dun camión e ser atropelada por un tanque, en España, con só 27 anos.