CRTVG

Buscar

Caderno de bitácora

Manuel Cadilla, Maruxo, entre as ondas do mar e os versos

05/06/2021 20:30 h

Hoxe pasaremos a xornada cun home especial, é Manuel Cadilla, que na Guarda coñecen como Maruxo. Mariñeiro na baixura, no mar difícil da Guarda, e na altura en mares como o de Marrocos ou Namibia. E para coñecelo ben van axudarnos o seu cuñado e amigo Desiderio Rodriguez ”Cuqui” e o tamén amigo José María Lomba “Chiño”, tamén homes de mar. A Guarda é un enclave que aporta mariñeiros de moita sensibilidade, e imos descubrilo con Maruxo recitando a Rosalía de Castro e un poema da súa autoría. Pola súa sabedoría mariñeira, a súa sensibilidade poética, e o seu carácter entrañable Maruxo merece o noso recoñecemento e homenaxe.

Atopar capítulo por: