CRTVG

Buscar

Sopa de festa

Malla de Cerdido

15/09/2014 22:30 h

Este luns “Sopa de Festa” vai de romaría tradicional. O equipo do programa viaxou ata as terras ferrolás de Cerdido para acompañar os veciños da localidade á representación dunha malla tradicional, organizada pola asociación Restauracións Amigos dos Casás.

Desde primeiras horas da mañá, as cámaras de “Sopa de Festa” e a reporteira Inma Morandeira compartiron cos veciños e visitantes esta xornada de malla, tal e como antiguamente se realizaba na comarca. Tamén visitaron unha mostra de tractores e maquinaria de trillar antiga, ademais do mercado tradicional, en que se ofrecían variados produtos artesáns. 

Sen esquecer a esencia gastronómica de “Sopa de Festa”, a edición de hoxe completarase cunha sesión vermú musical e, como non, cun xantar popular en que os asistentes degustaron un variado menú.

Atopar capítulo por: