Momentos G
Malia estar cego, Francisco introduce os visitantes nos segredos dos sentidos da Ribeira Sacra
Francisco fíxose famoso hai pouco porque malia que un accidente o deixou cego hai sete anos el segue facendo o que máis lle gusta que é acompañar aos visitantes polos camiños da Ribeira Sacra. Non é guía turístico nin se considera tal, só un acompañante para espertar os sentidos dos viaxeiros polos camiños de Taboada que coñece de memoria. Recibiunos na casa da súa infancia, un verdadeiro tesouro etnográfico, e paseounos polo souto que restaurou, dous dos seus lugares favoritos no mundo.
A Casa do Romualdo pertence á familia Almuíña desde o século XVI na parroquia de Vilela, en Taboada.
Exemplo de arquitectura popular, restarouse só con pedra e madeira tratadas ecoloxicamente.
Conservan un relevo en pedra policromada do século XVII, mostra da arte popular barroca galega .
A familia vive na casa e, nas comidas, usan só produtos locais e de empresas sostibles.
Francisco era enfermeiro antes de perder a vista nun accidente cun paciente hai 7 anos.
Repoboaron con castiñeiros e cerdeiras un terreo familiar en Portaliñar que se usaba como escombreira.
Agora goza con levar os visitantes de paseo polos camiños da Ribeira Sacra próximos á casa.
Teñen dous burros, Tiramisú e Platón, que colaboran en tarefas agrícolas e cos visitantes.