CRTVG

Buscar

Como galegos!

Malcolm, José e Fernanda

26/10/2015 00:30 h

Neste Como Galegos! ten a tres artistas multidisciplinares. Todos eles teñen algunha habilidade relacionada coa arte, pero tamén exercen outras profesións e todos eles son estranxeiros e están plenamente integrados en Portonovo, A Coruña e Vigo respectivamente.

Malcolm, é un escocés tranquilo, sereno e moi bo cociñeiro. Desde hai once anos vive en Portonovo, onde dirixe unha academia de inglés xunto coa súa muller, galega á que coñeceu en Dublín.

José é un venezolano de orixes galegas. Tradutor e dobrador ademais de monologuista, José chegou a Galicia na procura dunha vida mellor para a súa filla pequena, que ten síndrome de Down.

Fernanda é outra galega nada en Bos Aires, que veu a Vigo hai 10 anos para coñecer as súas raíces. Contable polas mañás e actriz polas tardes e noites, é unha muller inqueda que agora codirixe a Sala Ártika, onde se ofrecen espectáculos artísticos de todo tipo.

Atopar capítulo por: