Estache bo!
Madalenas e batidos de kiwi amarelo
Ingredientes:
• Kiwis • Froitos vermellos • Menta • Palla de cartón Para as madalenas: • 3 kiwis maduros • 75 gr. de améndoas torradas • 5 ovos • 150 gr. de azucre moreno • 100 gr de aceite de xirasol • 1 cullerada de lévedo • 400 gr. de fariña de trigo • Reladura da pel dunha laranxa • Un lisco de kiwi • Azucre branco
Para o batido: • 3 kiwis • 1 plátano maduro • 1 mazá golden • 1 cullerada de mel • Leite de améndoa • O zume da laranxa que usamos nas madalenas • 1 cullerada de sementes de xirasol
Elaboración: Para o brunch de hoxe precisamos un cunco para mesturar o azucre cos ovos, incorporamos a fariña peneirada, a reladura dunha laranxa, o lévedo, os kiwis, as améndoas e o aceite. Mesturamos ben e enchemos as cápsulas das madalenas. Enfornamos 20 minutos a 180 graos. Para o batido de kiwi incorporamos tódolos ingredientes nun vaso batedor. Batemos, regulamos o espesor con leite. Empratamos xunto coas madalenas. E listo para comer…!!! Hoxe o noso reporteiro recadeiro visitará a Manuel, de Frutas Geixade, en Abegondo, para recoller o produto estrela de hoxe: o kiwi amarelo. Ademais, o noso cociñeiro terá unha visita da súa veciña, Isa Villanueva.