CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Machi Salgado, “Planificar a caída” e Cristina Pato co bailarín Lil Buck

22/04/2016 21:00 h

Machi Salgado é un recoñecido rostro da interpretación galega que chega ás escenas galegas cun dobrete teatral entre “Unhas poucas picadelas”, proposta que afonda na eiva da violencia de xénero a partir dun texto do premio nacional de Literatura Dramática 2015, Laila Ripoll, e “A forma das cousas” unha excelente comedia negra. 
Dúas reportaxes son as que destacan no programa de hoxe. Por unha parte, “ZigZag Diario” acompañará a coreógrafa e bailarina Begoña Cuquejo para falar sobre a súa última obra, “Planificar a caída”, que estreará no Día Mundial da Danza o próximo 29 de abril. Seguidamente, os espectadores coñecerán o traballo que está a facer a gaiteira Cristina Pato co bailarín Lil Buck na súa xira polos Estados Unidos. 

Atopar capítulo por: