CRTVG

Buscar

Método criminal

Capítulo 9: Índice de risco

28/03/2021 22:30 h

A chegada de Rosario como nova inversora da produtora foi moi ben acollida por Susana e polo resto do equipo da serie que viron nela a oportunidade de continuar co proxecto sobre os irmandiños. Pero non tardaron en darse conta de que as verdadeiras intencións da colombiana eran ben diferentes. Por iso cando atopan a Rosario morta no despacho da produtora, senten máis alivio que tristura. Os únicos que están angustiados polo asasinato son Damián e Sofía. Saben que a súa vida corre perigo. Os dous sons conscientes de que os colombianos sospeitarán deles cando descubran a morte de Rosario, polo que se queren seguir con vida teñen que atopar ao verdadeiro culpable. Coa axuda de Luís e Cecilia, Damián e Sofía poñen en marcha un plan para gañar tempo e descubrir ao responsable do asasinato de Rosario. Mentres tanto, Tuco agarda a súa oportunidade para acabar con Damián. Ninguén sospeita del como responsable da morte de Rosario, pero hai algo co que non contaba: Sara foi testemuña do asasinato, e en vez de acabar con ela, creu a súa versión de que traballaba para Telmo como infiltrada na Garda Civil. Ao mesmo tempo, Ricardo decide ir a xogar unha partida ilegal ás cartas cos cartos da chatanxe de Luís. Gaila darase conta de que non lle convén como mozo?

Atopar capítulo por: