CRTVG

Buscar

Zigzag diario

“Luz que nunca se apaga” de Juan Rivas, mostra en Ferrol sobre emigracións e a parella Marina Abrámovic e Ulay

05/04/2016 21:00 h

As artes veñen de novo este luns ao “ZigZag Diario”. O artista polifacético Juan Rivas expón desde o pasado sábado “Luz que nunca se apaga” no Pazo Torrado de Cambados. Rivas será o convidado do programa de hoxe e con el debullarán máis polo miúdo esta mostra, que reúne traballos de pintura e fotografía e achega tres temáticas diferentes. 
No eido das reportaxes, o “ZigZag Diario” propón para hoxe un percorrido por unha mostra que se pode visitar na sede de Afundación en Ferrol, que estará ata o sábado pero que despois roldará por varias cidades galegas. A temática da mesma versa sobre as sucesivas emigracións que se produciron en Galicia e España dende mediados do S.XIX ata o presente. Os eixes principais sobre os que xira son: traballo, viaxe e tecido social. 
Ademais, o espazo da tvG2 seguirán coa súa serie de parellas de artistas, e para esta ocasión falarán da artista serbia Marina Abrámovic e o artista de performances xermano Ulay (Uwe Laysipen). 

Atopar capítulo por: