Zigzag diario
Luís Tosar, David Machado, Alberto Marini e 'Street Art Symphony'
A carreira do actor galego Luís Tosar está en alza. Aparte de “O descoñecido”, dentro do seu currículo deste ano tamén hai que incluír a súa participación no filme “Ma ma”, de Julio Medem, ou en “A cambio de Nada” de Daniel Guzmán. O programa “ZigZag Diario” ofrece unha reportaxe sobre a súa andaina deste ano e sobre os futuros proxectos do actor.
E, sen saír do ámbito de “O descoñecido”, de Dani de la Torre, hoxe o programa conta coa presenza do seu técnico de son directo, David Machado. Con el, Pilar G. Rego fala da función que desenvolve o ocupante deste posto e as súas impresións durante a rodaxe deste éxito, en que participou a TVG.
O cultural da tvG2 tamén ofrece unha reportaxe sobre Alberto Marini, o coguionista desta ópera prima de De la Torre.
Ademais “ZigZag Diario” ofrece un avance de “Street Art Symphony”, a pimeira película que dirixe o actor, autor teatral e músico Fernando Epelde.