Sen barreiras
Luis Suárez, Iago Santalla, Os Bambáns e ASPANAES
30/05/2017 11:45 h
Sen Barreiras preséntanos a Luis Suárez, un xardineiro de Arzúa que nos fala da súa grande paixón, a pesca. Tamén nos leva a coñecer a Iago Santalla, coach, escritor e doutor en Humanidades, que nos fala da súa teoría do 'ilímite'.
O programa visita 'Os Bambáns', un centro de terapia ocupacional pediátrica onde os xogos son unha parte fundamental; e ASPANAES, unha entidade sen ánimo de lucro focalizada en persoas e familias cun transtorno do espectro do autismo.