Zigzag-Eirado
Luís G. Tosar. Muse. Miguel Costas. Roi Casal
O programa “ZigZag-Eirado” contará hoxe coa presenza no estudio de gravación do escritor e poeta galego Luís G. Tosar, presidente do Centro Pen Galicia, que acaba de ser designado representante en España da Academia Arxentina das Letras.
No tempo dedicado á música, falarase este sábado no novo disco de Muse, que volve aos sons fundamentais das súas orixes con “Drones”; e dos novos videosinxelos de Miguel Costas, ex de Aerolíneas Federales e de Siniestro Total, e do grupo vigués Moon Cresta, que, cun estilo aberto e ecléctico, recupera os sons do rock e do funk dos anos 70.
“ZigZag-Eirado” tamén se achegará á proposta musical de Roi Casal, un artista que explora novas vías desde a arpa e a zanfona. “Donos do seu destino” é o disco de Roi máis recente, que serviu de base aos seus concertos este verán.