Zigzag diario
Luis Emilio Batallán, “Cró”, John Mayall e Primordiais
08/02/2017 21:00 h
Pilar G. Rego entrevistará a Luis Emilio Batallán, o cantautor compostelá. O compositor presenta o seu novo disco, “70 y 29”, no que colaboran artistas recoñecidos como Joan Manuel Serrat, Joaquín Sabina e Pablo Milanés, entre outros. Tamén falarán co grupo vigués “Cró”, que presenta un novo disco chamado “Mounstros”. Este sábado tocarán en concerto en Ourense.O programa terá un espazo para clásicos como John Mayall, cantante británico. O lendario home do blues dará dous concertos a vindeira semana en Galicia. Ademais, no estudio de gravación escoitarán ao novo grupo Primordiais, unha banda formada por un vocalista e un arpista que interpretan música popular recollida en Soutomaior, no sur de Galicia.