Zigzag diario
Luís Avilés, “Decorado” e “Mimosas”
28/04/2016 21:00 h
O director Luís Avilés virá hoxe ao estudio de gravación para presentar os seus últimos traballos e para celebrar co equipo do programa o premio Mestre Mateo ao mellor documental, que lle foi outorgado á súa cinta “Os Días Afogados”, un documental que narra a tráxica historia dos pobos e vilas que quedaron somerxidos pola construción de encoros e que codirixiu xunto ao o xornalista da Televisión de Galicia César Souto. Avilés é tamén o director da curtametraxe 'Unary', unha desacougante historia protagonizada por Antonio Durán 'Morris'.
Outros dos directores cos que conversará o equipo do programa son Alberto Vázquez, que falará de “Decorado”, e Óliver Laxe, que presentará “Mimosas”.