CRTVG

Buscar

Momentos G

Lugo celebra unha feria en que probar máis de 70 tipos de cervexas artesanais

04/09/2021 13:48 h

Dar a coñecer as cervexas artesás, sobre todo as galegas, e tamén toda a cultura que —din— xira arredor deste produto é o obxectivo da feira Arde Lúpulos, que se celebra estes días en Lugo. Para probar estas cervexas haberá que mercar o vaso da feira, para captar todos os seus matices.

Se lles gusta probar sabores diferentes, pero que conserven a esencia máis artesá na súa elaboración, de seguro que gozan do Arde Lúpulus, unha feira en que se poden degustar ata 70 tipos de cervexa distintas.

Atopar capítulo por: