Luci
Capítulo 19: Margarida
12/07/2015 22:00 h
Un día calquera no traballo de Luci e Cosme, atópanse con Celestino (César Cambeiro), un prexubilado de banca que non ten nada mellor que facer que fedellar no xardín público coas plantas que el quere.
Tras falar con el, parece que o convencen, pero ao día seguinte chegan ao mesmo parque e ven que volveu quitar a planta. Xa con menos paciencia, falan con Celestino, pero a vinganza do veciño non se fai esperar: chama a un programa de radio local e conta o problema, deixando quedar fatal o equipo e, en concreto, a Luci.