CRTVG

Buscar

Aquí Galicia

Lourenzá

01/10/2016 17:00 h

Achegámonos á Festa da Faba de Lourenzá, que xa vai pola súa XXVI edición e que atrae cada ano centos de veciños e visitantes á homenaxe que se lle fai na Mariña Lucense a este legume que tan ben se dá nesta área debido á abundante chuvia, ás características do solo e ás técnicas de cultivo. Aproveitando a viaxe ata o concello de Lourenzá, preto de Mondoñedo, o equipo do programa visitará a zona da Mariña Central para coñecer os atractivos turísticos e os tesouros naturais da comarca. Ademais, tamén aproveitará para descubrir as promesas deportivas da zona.

Na sección gastronómica, a protagonista das tres propostas será, como non pode ser doutro xeito, a faba de Lourenzá. A primeira delas é un bodegón en que se representan todas as variedades que se cultivan en Lourenzá. A continuación, amosaranse tres formas de cociñar este legume: salpicón de peixe con faba verdina, fabas con bacallau e grelos e zanco de pito asado á grella con fabas e cogomelos. E por último, a proposta máis doce: mazapán de Lourenzá.

Sempre hai un bo espazo reservado para a música. Os grupos de baile tradicional Osorio Gutiérrez, de Lourenzá, e O Feitizo, de Foz. O programa desta semana completarano a actuación da orquestra Élite e un desfile de moda con propostas para este outono - inverno.

Atopar capítulo por: